03/08/14

MOSTEIROS DE GALICIA


"O Reino de Galicia foi, desde os tempos altomedievais, un territorio no que se asentaron numerosos mosteiros e conventos, adquirindo unha relevancia moi superior á doutras moitas rexións europeas. Sendo o monacato unha institución básica da Europa medieval, a súa especial implantación en Galicia debe explicarse tanto pola excepcional predilección que moitas familias nobres e, logo, os diversos monarcas tiveron polos mosteiros, como polo esplendor civilizacional que a vella Gallaecia logrou nos séculos XI a XIII. A inventio do sartego do apóstolo Santiago, a creación dun Camiño de peregrinación, a chegada de moitos frades de orixe franca (de Cluny e logo do Císter), o deslocamento da monarquía cara as rexións centrais da Meseta e a propia formación do Reino de Portugal, déronlle ao monacato galego unha gran oportunidade de seren os artífices da ordenación, colonización e goberno do territorio galego. Foron, por esta razón, os mosteiros unha das pedras angulares na formación da civilización galega dos tempos medievais e modernos." R. Villares. Ler máis...  




Ningún comentario:

Publicar un comentario